viernes, 10 de junio de 2022

      CONTACONTOS

   PLAN BENESTAR EMOCIONAL

XOVES 9 DE XUÑO 2022

1º SESIÓN / 3º EP: 10:30 h - 11: 30h 

2º SESIÓN / 4º EP: 12:00 h - 13:00h 

 Dende unha perspectiva lúdica e escénica neste espectáculo abordamos a educación para a saúde cunha función arredor da xestión emocional. 

 Un doutor experto no corazón falaranos da intelixencia emocional a partires das emocións que conviven dentro do noso peito. Falaremos sobre a importancia de identificalas, coñecelas e dominalas para acadar un corazón ben amoblado. 

Unha sesión médica moi tola que nos conta cousas moi sensatas para unha mellor xestión da saúde emocional.

miércoles, 18 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Mural feito polo alumnado de 2º EP. 

Co fin de darlle a importancia que se merece o uso da nosa lingua.

 

Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior.

 O día 14 de maio de 1987, aos 84 anos, morre en California. As súas cinzas repousan no cemiterio de Córgomo, á vista da súa amada Valdeorras, a onde sempre quixo volver.

Todos os anos recordamos unha persoa preocupada pola nosa lingua e literatura, pola  nosa cultura, co fin de que saibamos cara onde imos, e non esquezamos a importancia de:

FALAR EN GALEGO!!!

  

BIOGRAFÍA, XOGOS E VIDEOS

 

       AQUÍ TEDES MÁIS RECURSOS

lunes, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO.

 Na nosa biblioteca vemos a importancia dos libros na nosa vida.

Libros que nos levan a coñecer mundo como  e a medrar como persoas. Libros que nos axudan na nosa viaxe. 

Como tema O camiño de Santiago que está tan presente na nosa comarca, o alumnado de 3º e 4º de EP  polo día do libro confeccionou uns orixinais e creativos marcapáxinas cos que todos e todas xuntos por clase representaron as cunchas ou vieiras que nos axudan a chegar a unha meta..

Na presentación recollemos un relato dun peregrino que transcribimos tal cual el ou ela o escribiu en portugués,  co que nos axudou nas nosas aulas a acercarnos un pouco a cada individualidade, e a coñecemento dunha lingua similar á nosa, e á vez con contrastes ortográficos. Foi unha xanela ao mundo...

Esperamos que vos guste. E... bo camiño!!!

lunes, 18 de abril de 2022

NOVIDADES

Invitamosvos a ver os novos libros que compramos para vos dende a biblioteca.

Disfrutar de velos e de lelos. Podenvos axudar a pasar un bo momento, e sobre todo levarannos a ser mellores con nós mesmos e cos demais.


lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

   
Neste día, este curso recordamos ao poeta galego de Santalla de Lóuzara (Samos) Fiz Vergara Vilariño, nado o   15 de abril de 1953 e  finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997. 
A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, e foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde a súa obra Orfo de ti en terra adentro (1976). 
 
O alumnado de 5º de Primaria realizou un mural adicado a este escritor, onde puxo en práctica as súas artes coa poesía.
Con palabras moi especiais da nosa lingua, como poden ser
 esperanza, amizade, curuxa, brétema, muiño e muiñeira, mulleres e outono,
 moi utilizadas na escrita na poesía de Fiz, o alumnado elaborou as súas propias poesías  e presentounas a modo de mural para que o resto do alumnado as poida gozar.
En breve volo ensinaremos.


Esperemos que se animen a facer un recital de poesía oral para algún grupo determinado da escola.

 
Animarvos a todos e todas a visitar esta bonita terra, Lóuzara. Calquera dos seus grandes ou pequenos pobos ensinaravos tanto, que vos axudará a medrar como persoas.
 
 
Estas son as fotos do muiño que inspirou ao noso escritor. 
Non podía ser doutra maneira,  vivindo en tan precioso lugar.
 
 
O Muiño que está ao lado da casa de Fiz Vergara. Se queredes escoitar o seu sonido debedes acercarvos alí.
Fiz Vergara Vilariño coa súa poesía acercanos á súa terra.  E nós dende a biblioteca animámosvos a gozar das súas palabras e das súas paisaxes. Algún día adicaráselle o día das letras galegas.
                                                 

miércoles, 9 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER

CAMBIAR O XOGO É CAMBIAR O MUNDO!!!

 


 

Importante data que debemos ter todos e todas en conta para visibilizar a importancia de tratar en igualdadade nenos e nenas, na escola, na familia, na sociedade en xeral, ahora de elixir xogos, tarefas, actividades...

VIDEO ELABORADO POLO ALUMNADO DE 1º DE EP.

 

VIDEO ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6º  EP

Aquí vos deixamos tamén un video  homenaxe a tódalas mulleres galegas que sempre estiveron, están e estarán loitando pola nosa terra, pola nosa cultura e pola nosa língua: o galego.

Neste grupo podedes recoñecer a NEREA IGLESIAS (de Sound Sisters), antiga alumna deste centro á que lle temos moito cariño.

E para os máis pequenos e tamén en castelán:

viernes, 25 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA



                              23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

ROSALÍA DE CASTRO

(SANTIAGO, 1837- Padrón, 1885)

Escritora por vocación e por autenticidade, muller comprometida co seu  país e co seu tempo, é a figura máis representativa e simbolizadora da literatura galega.

A publicación, en 1863, de Cantares galegos, sinala o inicio, maxistral, do noso Rexurdimento, ao recuperar para a arte unha lingua cuxa tradición literaria fora inexistente durante catro séculos. 

O alumnado de 6º de Primaria recorda e agradece con este mural o labor da escritora coa nosa lingua.

BIOGRAFÍA     XOGO O ROSCO  

 

viernes, 28 de mayo de 2021

ERIC CARLE

 


ESTA SEMANA FINOU  ERIC CARLE,    ACLAMADO E QUERIDO EN TODO  O MUNDO COMA UN DOS CREADORES DE LIBROS MARABILLOSAMENTE ILUSTRADOS E INNOVADORES PARA NENOS E NENAS.
  NA BIBLIOTECA "RATILÍN" PODEDES ATOPAR ALGÚN DOS SEUS CONTOS...



lunes, 24 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS.XELA ARIAS

A BIBLIOTECA " RATILÍN" SEMPRE TEN UN LUGAR ESPECIAL PARA O AUTOR/A HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS.
ESTE ANO 2021 É O ANO DE XELA ARIAS

(PREME NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS...)


miércoles, 12 de mayo de 2021

DÍA DA FAMILIA. 15 MAIO

NA BIBLIOTECA "RATILÍN" TEMOS LIBROS ONDE SE MOSTRAN DIFERENTES TIPOS DE FAMILIAS, XA QUE NON HAI UN ÚNICO TIPO DE UNIDADE FAMILIAR...



Hecho con Padlet